Wednesday 08 de May de 2024

O Concello de Frades pídelle á Deputación da Coruña que axilice a roza das estradas provinciais que atravesan o municipio


 

O alcalde do Concello de Frades, Roberto Rey Martínez, púxose en contacto cos técnicos da Deputación Provincial da Coruña para pedirlles que axilicen o desbroce nas estradas provinciais DP-3802 Ordes-Ponte Carreira e DP-3801 Sigüeiro-Cimadevila. Rey Martínez explica que “a maleza impide ver correctamente algúns dos sinais de tráfico e o case inexistente arcén fai moi perigoso o tránsito de persoas por estas estradas provinciais”.

O alcalde de Frades agarda que “o equipo de Goberno da Deputación Provincial solucione canto antes esta situación, que está causando moito molestar e moitas queixas tantos entre os condutores/as como polos peóns que transitan por estas estradas que conectan o concello de Frades con Ordes e Oroso”.